Un condutor de Ribeira incumpre o confinamento e o límite de velocidade en Pontecesures circulando a 129 km/h por un treito de 50

29 Abril 2020

As historias de incumprimento do confinamento prometen ser, cando isto remate, un libro con moitos capítulos. Un dos máis recentes e rechamantes tivo lugar esta fin de semana en Pontecesures, onde moi interceptado un veciño de Ribeira que, amais de non respectar as restricións do Decreto de Alarma, incumpriu tamén as limitacións de velocidade, ao circular a case 130 por un treito restrinxido de 50 quilómetros por hora.

Segundo informou a Garda Civil, o condutor foi localizado na tarde do venres, ás 16.30 horas, no quilómetro 85,500 da estrada N-550, circulando a 129 km/h nun treito crítico e potencialmente perigoso para a seguridade viaria e dos peóns, preto xa do centro urbano de Pontecesures. O cidadán de Ribeira tivo que ser interceptado na súa saída do centro urbano, xa que pola excesiva velocidade á que conducía o vehículo non puido ser detido nas proximidades do control. O condutor tamén deu positivo en consumo de sustancias psicoactivas. Cando foi requirido para explicar as razóns de estar en tránsito por estrada malia o Decreto de Alarma, sinalou que quería “visitar á súa moza”.

O veciño de Ribeira foi denunciado por quebrantar o confinamento. Amais, podería enfrontarse a unha multa de mil euros de confirmarse o consumo de drogas e a outra de 600 euros polo exceso de velocidade.

Outros artigos

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.