O Rianxo Streaming Festival chega á trintena de contribucións audiovisuais

08 Abril 2020

O certame Rianxo Streaming Festival, o festival de audiovisuais online lanzado polo Concello para combater a monotonía dos días de confinamento e estimular a creatividade das confinadas e confinados, segue adiante con novas contribucións e sacando a relucir a vertente máis solidaria da arte de cada quen. Este mércores 8 de abril a iniciativa xa contaba cunha trintena de vídeos, entre as que destacaban as recentes contribucións de Merche Pimentel (o conto Rata linda de Compostela, que xa ten 174 reproducións), a homenaxe aos anos oitenta de Carlos Ces (Recreativas dos oitenta, con máis de 300 reproducións) ou a revisitación de Fuerteventura de Russian Red que achegou Iria Ramos (con preto de 300 reproducións).

Entre as pezas máis vistas tamén salientan o cantar Collín toxos e flores interpretado de maneira simultánea (e dende distintos emprazamentos de confinamento) por integrantes da Asociación Fogo Fatuo, a rumba Montealegre que interpreta, tocando unha manchea de instrumentos, José Caamaño Romero, a Muiñeira do coronavirus e, tamén, a Rianxeira interpretada pola veciñanza de Rianxiño.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.