Esta ponte do primeiro de maio intensificaranse os controis nas estradas dos nosos concellos

30 Abril 2020

A Subdelegación do Goberno quere lembrarnos nesta ponte do primeiro de maio que o Decreto de Alarma, malia terse suavizado con algunhas medidas, segue cen por cen vixente no que se refire á prohibición de circular polas estradas sen causa xustificada. Con vistas a evitar desprazamentos de tipo vacacional e de lecer (por exemplo as viaxes ás segundas vivendas), a Subdelegación anunciou que as Forzas e Corpos de Seguridade intensificarán os controis este fin de semana.

A subdelegada, Pilar López-Rioboo, apelou “á conciencia social” para remarcar a necesidade de respectar o Estado de Alarma e non relaxar as normas de comportamento establecidas para conter o virus COVID-19. Por iso, lembrou que tanto “a Garda Civil como a Policía Nacional como os axentes das policías locais reforzarán os seus dispositivos durante este fin de semana, coincidindo coa festividade do 1 de maio e para tratar de impedir desprazamentos inadecuados a segundas residencias”.

Para evitar “actitudes irresponsábeis e anómalas”, a subdelegada fixo un chamamento aos veciños e veciñas dos concellos coruñeses para “que manteñan o seu alto grao de cumprimento das normas e sobre todo a non relaxarse no seu comportamento”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.