“Contactos” o comentario semanal de José Manuel Pena

18 Abril 2020

Na última viaxe a Portugal chamoume a atención, ao ler un dos diarios de maior tirada no país veciño, que os “anuncios de contactos” publícanse con fotografías de mulleres espidas e en posturas explícitas. Por sorte isto en España xa non sucede, aínda que se está pendente dunha regulación, para o control ou a eliminación deste tipo de plataformas publicitarias.

Ninguén pon en dúbida da importante fonte de ingresos que isto supón para moitos medios de comunicación pero tampouco se pode poñer en dúbida de que é necesario buscar, entre os medios de comunicación e o goberno, outras posibles alternativas. Hai que ser conscientes de que estes anuncios de comercio sexual “esconden, en moitos casos, situacións de trata e explotación sexual así como de mercadeo da dignidade humana”.

Os expertos policiais sinalan que moitos destes anuncios sexuais foron utilizados polas mafias dedicadas a tráta de mulleres, aínda que tamén recoñecen que a prostitución non é unha actividade ilegal en España. Carece dunha regulación, así que adoita considerarse unha práctica legal mentres non exista explotación nin lucro de terceiros.

A realidade actual segue mantendo á sociedade civil dividida entre a eliminación, o control ou a negociación para atopar unha solución definitiva a un problema que está aí e que noutros países europeos estes anuncios están prohibidos, como en Francia. Mentres que en Alemaña e Reino Unido están duramente regulado.

JOSÉ MANUEL PENA

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.