Chega Mercaproximidade, unha rede para seguir mantendo vivo o sector agrogandeiro

14 Abril 2020

As empresas, entidades e administracións están poñendo estes días o foco nas redes, argallando novas fórmulas para minimizar os efectos da parada produtiva, económica e social nos sectores máis tradicionais e nos establecementos locais. Se onte foi dada a coñecer Voltaremos, unha web de Ensilabs destinada a permitir a actividade comercial dos establecementos malia ter pechadas as súas portas, hoxe é a quenda de Mercaproximidade, unha canle alternativa de comercialización para os produtos agrogandeiros galegos que viron reducidas as súas vendas por mor da emerxencia sanitaria.

A esta iniciativa de Medio Rural poderán adherirse os produtores de froitas, hortalizas ou mel, os gandeiros de vacún, porcino, ovino ou caprino, así como as industrias transformadoras. A súa incorporación farase de xeito preferente a través das organizacións profesionais agrarias, das asociacións de produtores e dos consellos reguladores das denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas

Poderán colaborar mercando estes produtos as grandes cadeas de distribución, as empresas adicadas á subministración de colectividades ou as plataformas de venda online.

A iniciativa é a culminación das xuntanzas mantidas estes días por videoconferencia entre o conselleiro do Medio Rural, José González, as organizacións profesionais agrarias galegas con representación no Consello Agrario e as cadeas de distribución que operan en Galicia e que xa se sumaron á iniciativa.

Coa rede Mercaproximidade, informa Medio Rural, “non só se permitirá ao consumidor acceder facilmente a estas producións nos establecementos de alimentación que permanecen abertos, senón tamén identificar a súa orixe con claridade”.

Para incorporarse á rede, os produtores e as industrias de transformación terán que enviar un correo electrónico a mercaproximidade@xunta.gal indicando os seus datos básicos e tipo de produción. A maiores, deberán achegar unha declaración responsábel na que conste que un mínimo do 50 % dos seus ingresos proceden da hostalaría e os mercados municipais, pechados na actualidade.

Outros artigos

Este venres 11, máis sol co avance do día e temperaturas en ascenso

O reforzo da influencia anticiclónica e a entrada de circulación de vento do nordés marcarán a predición meteorolóxica deste venres, garantindo unha xornada de tempo seco e progresivamente máis despexado. Durante as primeiras horas da mañá predominarán as nubes baixas...

+

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

+

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

“Sociedade actual” – José Manuel Pena

É evidente que a sociedade actual está creada á medida dos trepas, insolidarios, narcisistas, xenófobos e xente sen escrúpulos. Teñen todas as condicións e facultades para progresar, enriquecerse e explotar ao resto de mortais. Aprovéitanse da humildade, as carencias...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.