As consecuencias económicas do Estado de Alarma para a cidadanía, ao detalle no teléfono de atención da Pobra

13 Abril 2020

Son moitas as incertezas do Estado de Alarma en materia laboral, empresarial e económico, e son moitos os detalles que mudan con cada nova prórroga da crise sanitaria. Para clarificar dúbidas da cidadanía e achegar datos concretos sobre as medidas do Goberno central para loitar contra a pandemia, o Concello de Pobra do Caramiñal puxo en marcha no mes de marzo un servizo de atención dispoñíbel no teléfono de contacto 618 964 705 que achega cobertura por Whatsapp e que, por suposto, tamén atende chamadas.

O devandito servizo destínase a traballadores e traballadoras que poidan sufrir un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE), familias con hipotecas ou autónomos “afectadas pola situación de alarma”. O Concello lembrou os días pasados que o horario de atención segue a ser o mesmo do mes de marzo: de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.