A Xunta entrega aos concellos de Barbanza o Fondo de Cooperación Local do mes de marzo

17 Abril 2020

O Goberno galego confirmou este venres 17 que xa entregou aos concellos de Barbanza o Fondo de Cooperación Local do mes de marzo e maila liquidación de 2018 para dotalos de efectivo. Esta medida, unha iniciativa para “axudar aos gobernos locais no medio da pandemia, agora que máis o necesitan”, veu da man da Consellería de Presidencia, que subministrou no primeiro trimestre de ano, en termos máis concretos, máis de 1,6 millóns de euros aos concellos da nosa comarca para “poder facer fronte a crise do coronavirus”.

O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, apuntou que “ademais de liquidar o mes de marzo en tempo e forma, decidiuse realizar o pago da liquidación pendente de 2018, para que os alcaldes conten neste momento con partidas económicas para todo aquilo que consideren máis necesario e urxente”. E engadiu: “Desde a Xunta de Galicia entendemos que é o momento de arrimar o ombreiro e de facer un esforzo económico en todos os campos para poder axudar a facer fronte á pandemia”.

Outros artigos

Unha persoa resulta ferida e excarcerada tras chocar cun poste en Rois

Dotación de bombeiros do Consorcio Provincial Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro veñen de intervir en accidente con atrapados no Concello de Rois. Xunto Ges Padrón, 061, Garda Civil e PC Rois. Un condutor tivo que ser liberado do interior do...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.