A Biblioteca de Ribeira celebra o 23 de abril reivindicando a maxia dos libros para mitigar confinamentos

23 Abril 2020

Hai moitas de celebrar o Día do Libro (este 23 de abril) pero nestes tempos de confinamento e crise sanitaria só podemos facelo dun único xeito: ficando na casa e lendo. Porén, tamén podemos seguir en contacto coas bibliotecas da nosa vila, que, malia ter as portas pechadas e non poder (como viña sendo costume dende hai anos e como estamos seguros que lles gustaría seguir facendo este 2020) facer agasallos e recomendacións ás súas usuarias e usuarios, seguen coas portas e as xanelas virtuais ben abertas. Hoxe a Biblioteca Municipal de Ribeira celebra a xornada deste 23 de abril nas redes sociais con varias propostas interesantes. Por exemplo lembrándonos a importancia de ficar nos nosos fogares e dicir ben alto: #euquedonacasa. E, se ademais, facémolo na compaña dunha boa lectura (“que nos dea solucións a cada problema, a cada dúbida, e con eles cociñamos, viaxamos, amamos…”), mellor que mellor.

Outra das súas propostas é abrir a felicitación virtual que lle adica dende o seu Facebook a todas as nenas e nenos da casa, de boca da mesmísima protagonista de A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza.

A Biblioteca de Ribeira tamén nos lembra que malia que “os andeis da sala están hoxe confinados”, podemos acceder a máis títulos dos que temos á man na casa utilizando, por exemplo, a plataforma de préstamo en liña da Rede de Bibliotecas de Galicia á que pertence a de Ribeira https://www.galiciale.gal/.

Amais, a Biblioteca ribeirense aproveitou o día para mostrar o seu fondo agradecemento ás libreiras e libreiros quen “co seu saber e bo facer recomendan, indican, axudan a que a selección do libro que compramos sexa a máis adecuada”. Elas e eles seguen adiante, coas portas pechadas pero permitíndonos, malia todo, “aumentar os títulos nos nosos andeis ou facer preciosos agasallos no Día do Libro”.

Outros artigos

Vehículo envorcado na avenida de Ferrol, en Ribeira

O parque provincial de Boiro recibiu aviso na madrugada deste venres 7 de febreiro dun accidente por envorco na avenida de Ferrol, no concello de Ribeira. Ao chegar ao lugar, o vehículo xa fora retirado pero a consecuencia do sucedido unha mancha de líquido esvaradío...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión