A Asociación de Empresarios de Ribeira únese ás protestas da hostalería

30 Abril 2020

A Asociación de Empresarios de Ribeira prosegue coa súa actividade de traballo e defensa do sector ante o inimigo común da pandemia e a crise sanitaria, poñendo o foco, desta volta, en pechar fileiras arredor dun dos ámbitos produtivos que máis está a sufrir co actual Decreto de Alarma: a hostalaría. Dende a asociación ribeirense mostran a súa total adhesión ás protestas deste sector no concello, protestas que reflectimos este xoves polo miúdo en O Babanza, “xa que lle asiste a razón”, indica a asocicación, “ao non considerar válidas e viábeis as medidas de desescalada do Goberno central para a reapertura dos establecementos”.

Segundo explica a entidade, “ao igual que ás hostaleiras e hostaleiros, as medidas do Executivo estatal parécennos medidas que imposibilitan a reapertura, pois só provocarían a ruína e o peche definitivo dos negocios”.

En opinión da asociación, precísanse disposicións que ademais de preservar a saúde dos clientes e empregados, poidan dar resposta á viabilidade económica dos establecementos afectados, “aos que lles manifestados o noso máis decidido apoio para conseguir unhas condicións lóxicas para que poidan abrir os seus negocios coa mirada posta, polo menos, en ser quen de obter o soldo básico preciso que lles permita manter ás súas familias”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

“Cada cousa é para o que é”. José Fernández Lago

Ao rematar o verán, terminan as vacacións e tamén algunhas actividades complementarias, de xeito que os nenos saiban relacionarse entre eles e procuren axudarse uns aos outros a ser felices, e a asentar no que se poida o seu futuro. Os voluntarios de Cáritas remataron...

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

“Informe PISA, educar para la vida”. Alberto Barciela

Cuando los fríos guarismos del último informe PISA vuelven a agitar los titulares con la cantinela de nuestras recurrentes carencias educativas, confirmamos que seguimos midiendo el rendimiento de las aulas con la precisión del contable pero con el desdichado desdén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.