A Área Santiago-Barbanza realizou tests a todos os residentes e profesionais dos 41 centros da zona

22 Abril 2020

A Área Sanitaria de Santiago-Barbanza vén de achegarnos un balance de actividades en relación coa loita directa contra o COVID-19. Segundo conta, xa realizou tests de diagnóstico de coronavirus a todos os residentes e profesionais dos 41 centros sociosanitarios da zona de influencia: 36 residencias e cinco centros de persoas con diversidades.

Amais, fixéronse preto de 4.000 mostras e detectáronse positivos en só 3 centros (dúas residencias de maiores e outra de persoas con diversidades: San Lázaro DomusVI, Jose Otero DomusVI e Amicos) onde “xa se adoptaran as actuacións precisas”, informaron fontes da Área, engadindo que estas cifras “confirman que as medidas preventivas adoptadas polos centros, en coordinación cola dirección da área compostelá foron as correctas”, subliña Beatriz Pais, subdirectora de Calidade e Atención ao doente da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

A Área tamén informou de que do total de análises nos centros sociosanitarios, “deron resultado positivo tan só no 2% dos traballadores e no 3% dos residentes”. Os equipos de enfermería da área compostelá encargados do cribado que se desprazaron aos centros comezaron a obter mostras o día 3 de abril e remataron este martes 21, rexistrando hoxe os últimos resultados. As mostras foron procesadas inicialmente no laboratorio de Microbioloxía do CHUVI e posteriormente no do CHUS.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.