781 sancións nos concellos da Coruña por incumprimento das directrices anti-COVID

06 Abril 2020

O Goberno central vén de achegar o balance da actividade policial xerada na provincia da Coruña esta fin de semana, ao fío das restricións derivadas do Estado de Alarma. Os datos, achegados pola subdelegada do Goberno Pilar López-Rioboo, inclúen un total de 781 sancións e 4 persoas detidas por incumprimento das directrices establecidas para conter o virus COVID-19. A subdelegada fixo un chamamento para que se siga mantendo o grao de cumprimento do Estado de Alarma, e máis tendo en conta que a crise sanitaria coincide coa celebración da Semana Santa.

Das 781 sancións e 4 persoas detidas, a Garda Civil emitiu 394 propostas de sanción por incumprimentos ao Real Decreto de Estado de Alarma Sanitaria, detendo a 2 persoas. Pola súa banda, a Policía Nacional elaborou 387 propostas de sanción e detivo a outras 2 persoas, nas súas áreas de actuación da Coruña, Santiago, Ferrol e Ribeira.

O número de controis e dispositivos levados a cabo pola Garda Civil durante o venres, sábado e domingo foi de 802 e o número de vehículos controlados foi de algo máis de 9.000. A todo iso, únense os controis individualizados para a identificación de persoas que poden infrinxir as medidas establecidas dentro do Estado de Alarma. A subdelegada engadiu que se fixo un “especial esforzo” para o control das vías principais e secundarias da provincia.

Outros artigos

O BNG analiza coa veciñanza a situación da sanidade no Barbanza

O BNG reuniu onte á veciñanza do Barbanza nun acto aberto en defensa da sanidade pública, celebrado ás 20.00 horas na sala da biblioteca municipal da Pobra do Caramiñal. O encontro serviu para analizar a situación actual do sistema sanitario público galego na comarca...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

“Vivenda e especulación” – José Manuel Pena

A dereita política española fala que un problema importante é o do Dereito á Vivenda e en cambio sempre están en contra de que se adopten medidas urxentes para a suspensión dos desafiuzamentos e lanzamentos de vivendas para persoas vulnerables sen alternativa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.