Unha iniciativa para concienciar e pór cor a estes días

16 Marzo 2020
Facebook Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño vén de poñer en marcha unha iniciativa coa que entreter ás crianzas e contribuír á concienciación para non propagar o coronavirus. A actividade consiste en que cada nena e neno faga na súa vivenda un debuxo co lema Eu quedo na casa ou Yo me quedo en casa para, posteriormente, colgalo nas redes sociais, whatsapp ou na fiestra ou porta de entrada ao seu fogar.

As persoas interesadas poden enviar as fotos con nome, apelidos e teléfono ao enderezo electrónico aflm.aguinho@gmail.com. Deste xeito, publicarán os debuxos no Facebook e, unha vez remate esta situación sanitaria, procederase co sorteo de tres lotes de libros infantís e un diploma entre tódolos participantes, facéndose a entrega o Día das Letras Galegas no Maio Cultural de Aguiño.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.