Ribeira intensifica o reparto de material preventivo en centros de saúde e as tendas e alimentos nas ONGs

27 Marzo 2020

Efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal (GAEM) e voluntarios de Protección Civil de Ribeira tiveron esta mañá unha intensa xornada de reparto de material preventivo e alimentos entre distintas organizacións humanitarias, centros de saúde e pequenas empresas do municipio.
Así, logo de que o Concello autorizase o pasado martes un gasto de
100.000 euros para Emerxencia Social, das cales 10.000 euros ían ser utilizadas con carácter inmediato para destinar produtos aos bancos de alimentos de Cáritas e ICE Renovación, esta última organización recibiu esta mañá un primeiro lote de produtos de primeira necesidade para os seus usuarios. Ademais, tamén se procedeu á distribución entre ICE Renovación e Cáritas da partida de conservas doada pola empresa Frinsa, mentres que nos centros de saúde do municipio leváronse gafas de protección que había en stock.
De todos estes repartos douse conta na Comisión de Seguimento da
Evolución do Coronavirus, na que se quixo agradecer unha vez máis a exemplar actitude colaboradora de distintas empresas. Foi o caso de comercial Martínez Sánchez S.L., responsable de Cash Galicia, por ofertar prezos especiais en produtos destinados a bancos de alimentos como hoxe ICE Renovación; de Ignacio González Montes, por doar diverso material de conserva; e de Tándem Alborés, por ceder a súa megafonía.
De igual xeito se dou as grazas a dez voluntarias que están a confeccionar mascarillas con material subministrado polo Concello, que neste caso foron destinadas a pequenas tendas de alimentos das diferentes parroquias e algunhas farmacias, ademais de usuarios do Servizo de Atención do Fogar en situación de risco.

Nova incorporación á Policía Local Noutra orde de cousas, douse conta na Comisión de que, despois da petición efectuada polo Concello de Ribeira o día 17 de marzo á Vicepresidencia da Xunta, a FEGAMP comunicou que poden incorporarse ao servizo activo da Policía Local os axentes
recentemente xubilados, posibilidade á que se acolleu neste municipio o axente Jesús Millán Santos.
Asemade, no ánimo de axudar a sobrelevar o confinamento, acordouse a posta en marcha dunha iniciativa para que dende os coches patrulla da Policía Local se feliciten os aniversarios á veciñanza menor de idade. Para isto, os solicitantes (familiares directos en primeiro grao) deben chamar ao 981 870 933 e comunicar o nome e número de DNI do peticionario, así como a dirección e nome da pequeno ou pequena homenaxeada. As peticións
atenderanse con 48 horas de antelación en horario de mañá (descontando esta fin de semana, no que se atenderán sen atenerse a este prazo).
Nova campaña de apoio ao comercio local Finalmente, se onte se iniciaba o concurso AlterArte na Casa, hoxe se acordou a posta en marcha dunha nova iniciativa destinada aos negocios pechados durante o Estado de Alarma que leva por título “Á Voltiña Vémonos”. Aqueles propietarios ou xestores de
establecementos interesados en participar deben enviar un pequeno
vídeo duns 30 de segundos de duración, preferentemente en sentido horizontal, no que a persoa ou persoas representantes do mesmo trasladen unha mensaxe á veciñanza convidando ao reencontro, no ánimo de xerar un ambiente de optimismo fronte á pandemia.
Todos estes vídeos irán publicándose nas redes sociais municipais así como nun espazo reservado ao efecto polo Concello no Canal Barbanza e, unha vez se anuncie a reapertura do tecido comercial e hostaleiro, a intención é elaborar e publicar un gran vídeo con todos os mensaxes mandados polos participantes.
Quen desexe tomar parte na iniciativa debe enviar o seu vídeo por Whatsapp ao 676 161 874. Recoméndase dentro do seu mensaxe que utilicen o eslogan “Á voltiña vémos en…”, citando o nome do establecemento.

Entrega a Cáritas de conservas de Frinsa. O alcalde Manolo Ruiz e efectivos do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal fan entrega de material o párroco de Santa Uxía para o reparto da ONG católica

Outros artigos

Falece unha ribeirense de 50 anos atopada no chan da súa casa

Unha muller de 50 anos, cuxa identidade responde as iniciais T.M.M., faleceu esta noite na súa casa da céntrica Rúa Méndez Núñez, de Ribeira. Segundo informa o Diario de Arousa , foi a súa parella a que ao redor das oito do serán chamou o 112 para comunicar que non...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...