Ribeira amplía o prazo para o pago das taxas de auga, lixo, sumidoiros e vehículos

31 Marzo 2020
Bandeiras a media hasta no Consistorio de Ribeira

A Comisión de Seguimento de Evolución do COVID-19 do Concello de Ribeira acordou hoxe unha serie de novas iniciativas para mitigar entre a poboación as consecuencias económicas da pandemia e do parón empresarial e social. Seguindo esta vontade mitigar os efectos do Estado de Alarma, o pago das taxas de auga, lixo e sumidoiros amplíase até o 15 de maio (inicialmente previsto para o período que vai do 15 de febreiro ao 15 de abril), e o de imposto de vehículos (programado para o período comprendido entre o 15 de marzo e o 15 de maio) até o 15 de xuño.

Media hasta

Outro dos asuntos acordados durante a Comisión deste martes 31 de marzo foi a colocación a media hasta das bandeiras da Casa Consistorial como “homenaxe e respecto a todas as persoas vítimas da crise sanitaria provocada polo COVID-19”.

A maiores, o Concello deu a coñecer que continúa co reparto de material preventivo, desta vez entre a Policía Nacional, a empresa de xestión de lixo Urbaser, Correos e a Lonxa.

No capítulo de agradecementos, amosouse a gratitude do Goberno local á campaña impulsada entre a hostalería e o comercio para dotar de recursos alimentarios a Cáritas Parroquial, unha iniciativa na que colaborará o Concello dando instrucións a Protección Civil para que sexa o seu voluntariado o que acuda á recollida de alimentos polos establecementos co obxectivo de “evitar a vulneración das normas de confinamento e afianzar as medidas de seguridade establecidas polo Estado”.

Tamén se agradeceu o labor altruísta de Grúas Kiko pola doazón de 600 pares de guantes e do Liceo Marítimo de Ribeira pola posta a disposición das súas instalacións.

Uso do galego

Por outra banda, en sintonía cunha suxestión do BNG local, aprobouse unha disposición para que nas homenaxes pola Policía Local ás persoas que están de aniversario (menores de idade e maiores de 75 anos, previa chamada ao 981 870 933) se pregunte aos solicitantes pola súa preferencia en canto ao idioma (galego ou castelán) e, de resultarlles indiferente, se lle dea prioridade o uso do galego con Parabéns para ti.

A Policía Local tamén informou de tres denuncias nas últimas 24 horas por infrinxir a obriga de confinamento.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.