O Rianxo Streaming Festival xa fai unha semana de vida con 20 audiovisuais

31 Marzo 2020

Ante o Estado de Alarma, nada mellor que deixar voar o talento, a creatividade e a imaxinación. Estas son as premisas do certame Rianxo Streaming Festival, o festival de audiovisuais online lanzado polo Concello, que destaca tamén polo seu importante compoñente de confraternidade e solidariedade fronte a un problema común. O certame, que tira proveito da experiencia participativa e audiovisual da xente rianxeira (cómpre lembrar que Rianxo é un dos concellos adheridos a Youtubeiras, a iniciativa-concurso para encher YouTube de vídeos en galego), xa foi obxecto de 20 contribucións, logo de preto dunha semana de actividade.

Entre os vídeos máis reproducidos atópase o cantar Collín toxos e flores interpretado de maneira simultánea (e dende distintos emprazamentos de confinamento) por integrantes da Asociación Fogo Fatuo, a rumba Montealegre que interpreta, tocando unha manchea de instrumentos, José Caamaño Romero, a Muiñeira do coronavirus e, tamén, a Rianxeira interpretada pola veciñanza de Rianxiño.

O certame

O Concello de Rianxo quixo pór o seu gran de area para facer que o confinamento da veciñanza fose estes días o máis levadeiro posíbel. Por esta razón, puxo en marcha esta semana un certame de creación de “contidos dixitais contra aburrimento na corentena”, o Rianxo Streaming Festival. O obxectivo é converter en fervedoiro de talento e participación a reclusión forzosa da xente nos seus fogares derivada do estado de alarma para frear o espallamento do andazo de COVID-19.

Co gallo do festival poderase presentar todo tipo de contribucións dixitais: música, contos, monólogos, divulgación, etc. Este material será publicado na canle de YouTube ou compartidos nas propias redes sociais co cancelo #RXtreaming. “O noso obxectivo non é outro que combater o aburrimento e fomentar a creatividade, ao tempo que reforzar o sentimento de pertenza a unha comunidade veciñal tan activa como a rianxeira”, explican dende o Concello, debullando os pasos para participar no certame.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.