O BNG de Pobra esixe máis consenso e espírito integrador nas actividades locais do 8-M

09 Marzo 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Pobra do Caramiñal, co gallo das celebracións deste 8-M, Día Internacional da Muller Traballadora, emitiu un comunicado dirixido a reclamar, arredor de cuestións tan relevantes como as que se piden cada ano con motivo da dita xornada (visualizar o sometemento e a discriminación, reivindicar a igualdade de dereitos), a máxima presenza institucional arredor dos diferentes actos reivindicativos. No comunicado a agrupación local critica, nun plano máis concreto, o desenvolvemento das actividades impulsadas polo Goberno municipal de Nós Pobra e PSOE.

“Dende o BNG”, explica o grupo que coordina Laura Novelle, “consideramos que esta data non só debe ser participativa a nivel individual, senón que é fundamental que as institucións fagan seus os principios de igualdade de xénero, que se enchan de feminismo e por suposto de sororidade”. Máis polo miúdo, a agrupación móstrase crítica co desenvolvemento do programa de mobilización local, onde, segundo explica o BNG, “non se fixo un manifesto único de consenso para a súa lectura”, senón que foi elaborado polo Goberno pobrense e logo presentado ante as outras agrupacións para acadar a máxima participación nas actividades do 8 de marzo.

“Para institucionalizar esta data”, engade o BNG, “cómpre consensuar unha mensaxe única, na que participemos todas e todos; non é cuestión de apoiar algo feito, senón de compartir, de crear, de facer que o traballo colectivo sume”. O grupo tamén esixe que en vindeiras convocatorias se amplíe o período de tempo para acadar un manifesto colectivo: unha marxe suficiente para “xuntármonos, consensuar e, por suposto, convocar”, conclúe.

Outros artigos

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.