Moura suspendeu até novo aviso o servizo de adopción de animais

18 Marzo 2020

A suspensión das nosas actividades cotiás por mor do estado de alarma chega a todos os ámbitos, mesmo ao da adopción de animais. A protectora Moura, con centro de operacións en Barbanza (na Pobra, concretamente), comunicou nas redes sociais que está a compaxinar a continuidade do seu importante labor coa redución ao mínimo da actividade presencial coa veciñanza. Deste xeito, malia que proseguen as comunicacións e o traballo de coidado e atención relativo aos animais, cancelouse até novo aviso o servizo de adopcións. Deste xeito, fican adiados todos os procesos de entrega que estaban programados ao longo destes días.

As novas circunstancias de crise sanitaria e a imposibilidade de culminar procesos de adopción obrigou á protectora a deixar de acoller máis animais “até que os pequenos que temos reservados poidan ir ao seu fogar definitivo e así evitar a saturación da protectora, agás casos de extrema urxencia”.

Porén, a entidade segue adiante atendendo correos e mensaxes por Whatsapp, aínda que sexa “preciso agardar a que a situación se normalice para seguir entregando os nosos animais” aos fogares que os acollerán.

Moura, para despexar dúbidas e evitar alarmas innecesarias, tamén lembra que os animais non transmiten o COVID-19.

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.