Rianxo en Común propón tomar medidas eficaces para evitar os danos dos xabaríns nos cultivos

12 Febreiro 2020

O Grupo Rianxo en Común vén de presentar unha moción para o pleno do Concello na que se propón aplicar medidas prácticas para combater a problemática da fauna salvaxe nas parroquias. A proposta ten a súa orixe nas evidencias respecto do importante crecemento da poboación de xabarís na nosa xeografía. A agrupación que coordina Julián Bustelo lembra que esta feito propicia importantes danos nos cultivos, amais do abandono de grandes extensións de terra que fican sen ter aproveitamento, precisamente, por mor dos problemas que provoca o xabaril.

“Estamos ante un problema estrutural cada vez máis acusado que non é abordado polas administracións, e en particular pola Xunta de Galiza, que é quen ten as competencias para poder atallar un problema coma este”, sinala o grupo rianxeiro, lembrando que “máis ben o contrario, o Goberno galego non só tomas medidas que son insuficientes, senón que tamén son francamente incomprensíbeis e mesmo supoñen un risco para a seguridade das persoas”. Rianxo en Común pon de exemplo disto último as iniciativas adoptadas a raíz da “declaración da emerxencia cinexética” recentemente efectuada polo Goberno galego.

Perante todo isto, Rianxo en Común sostén que o Executivo rianxeiro “pode e debe impulsar medidas dirixidas, xa non a controlar a poboación de xabarís cousa que lle debemos esixir á Xunta, senón a evitar os danos que esta especie causa nos cultivos da veciñanza, particularmente dos residentes nos núcleos máis periféricos e máis próximos ao monte”. Por estes motivos, o grupo solicita ao pleno da corporación do Concello o establecemento dun estudo para a creación dunha liña de axudas para os devanditos propietarios, a incorporación de dispositivos e medidas de prevención contra os ataques do xabaril, pór en marcha medidas para a diminución da extensión do monocultivo de eucalipto, instar á Xunta a que asuma a responsabilidade civil subsidiaria dos danos causados polo xabaril no municipio e requirir ao Goberno galego a realización “dun estudo rigoroso sobre o censo e distribución das poboacións de fauna salvaxe máis problemáticas”.

Amais Rianxo en Común propón trasladar os acordos conseguidos aos grupos municipais das corporacións dos restantes concellos do Barbanza.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.