Quince comercios participarán nunha nova convocatoria da ribeirense Feira de Inverno

26 Febreiro 2020

A oitava edición da Feira de Inverno do pequeno comercio desenvolverase en Ribeira do 28 de febreiro ao 1 de marzo, concretamente na carpa situada no Malecón. O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez; o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval; e a tenente de alcalde, María Sampedro, foron os encargados de explicar os detalles deste evento.

Esta actividade estenderase do 28 de febreiro ao 1 de marzo, contando coa participación de 15 establecementos, cifra que se viu incrementada respecto á anterior convocatoria, que porán á venda o seu stock con descontos. Así mesmo, disporanse inchables e talleres, ademais de que cada día se efectuará, ao redor das 20.30 horas, un sorteo presencial de 50 euros en vales de compra para consumir nos locais que toman parte desta feira. O horario establecido é o venres 28, de 11.00 a 22.00 horas; o sábado 29, de 10.00 a 22.00 horas; e o domingo 1, de 11.00 a 20.30 horas. Ademais, o día da apertura contase coa asistencia do alcalde Manuel Ruiz e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, entre outras autoridades.

O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, expresou o seu agradecemento a tódolos participantes polo “esforzo económico e persoal” e sinalou que a referida feira se enmarca nas diversas propostas que emprenden co obxectivo de “dinamizar Ribeira, atraendo público doutros concellos limítrofes.”

Pola súa parte, o edil Ramón Doval salientou a existencia dunha “moi boa sintonía” entre a patronal ribeirense e o Concello. En canto ao evento, indicou que, ademais de facilitar a venda do stock dos comercios, tamén se atraen visitantes, podendo redundar nun beneficio para a hostalería e restauración, ao tempo que se pon en valor os recursos cos que conta o municipio.

Finalmente, a tenente de alcalde, María Sampedro, manifestou a importancia de colaborar co comercio local, pois a súa calidade e éxito “é o que lle da vida a un pobo.” Do mesmo xeito, insistiu en que a “boa sintonía” fai que prosigan nesa liña na que, desde a Concellería de Cultura, se aproveita a carpa de Entroido para a realización desta cita, agardando que sexa un triunfo porque “cremos que todo o que veña ao noso pobo para o comercio, repercutirá noutras áreas como poden ser a hostalería e a restauración.”

Outros artigos

Ribeira prepárase para vivir a terceira Noite Tradi no 11 de xullo

O folclore segue protagonizando citas dentro do calendario municipal de Ribeira. A terceira Noite Tradi celebrarase no sábado, 11 de xullo, a partir das 22.00 horas, na praza de Porta do Sol. Alí actuarán os grupos locais Bailadela e As Sete Linguas da Asociación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...