Os socialistas de Ribeira requiren resolver a situación dunha fonte e parque infantil de Palmeira

17 Febreiro 2020
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense levará a pleno un rogo relativo ao estado da fonte e do parque infantil situados no paseo Plácido Betanzos, na parroquia de Palmeira.

Os socialistas manifestan que a referida fonte se atopa fóra de servizo, polo que “non cumpre co seu cometido.” Así mesmo, refírense ao “mal estado” do parque infantil.

Por todo isto, a formación solicita que se repare a avaría e se proceda cun labor de mantemento dos xogos instalados “para satisfacer con calidade as necesidades dos rapaces usuarios.”

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.