Os socialistas de Ribeira presentan ao pleno dúas cuestións relativas a quedar sen o cuarto xulgado

22 Febreiro 2020

O grupo municipal do PSdeG-PSOE levará a pleno dúas cuestións sobre a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de poñer en marcha oito novos xulgados en Galicia, deixando fóra a Ribeira “a pesar da elevada cantidade de causas procesais que tramita o xulgado ribeirense.”

Os socialistas manifestan que a petición do cuarto xulgado para o municipio fora aprobada por unanimidade da corporación. Tamén apuntan que os datos do Consello Xeral do Poder Xudicial evidencian que a actividade en Ribeira está por riba da doutros partidos xudiciais que si contan con catro salas. Engaden que o Colexio de Avogados no partido xudicial considera necesario conseguir esa cuarta sala, dado que, segundo as estatísticas, Ribeira está por riba doutros xulgados.

Por todo isto, farán as seguintes preguntas: “1. Sr. Alcalde, cal é o motivo de que o TSXG deixara sen cuarto xulgado a Ribeira? 2. Que medidas ten pensado adoptar para conseguir esta cuarta sala demandada polo Colexio de Avogados?”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.