Os retos deportivos do amor, esta finde na Pobra da man do espectáculo Running

04 Febreiro 2020

A Concellería de Cultura da Pobra que dirixe Patricia Lojo ten programada para este mes de febreiro unha completa axenda de espectáculos e actividades que, en maior ou menor medida, xirarán arredor do Entroido e de todos os principais ingredientes desta festividade: o humor, a diversión, a creatividade e a participación. Estes son tamén os ingredientes do espectáculo previsto para este domingo 9 de febreiro: a representación da comedia Running a cargo da compañía D Ste Xeito, ás 19.00 horas.

A obra, dirixida e escrita por Esther F. Carrodeguas e protagonizada por Stephy Llaryora e Sergio Macías, ten como fío temático a práctica deportiva, pero non unha práctica deportiva calquera, senón o complexo desafío artístico-ximnástico de interpretar, suando a camiseta, até unha vintena de personaxes. Os encargados deste importante reto serán Xulia e Román (interpretados por Stephy e Sergio) que acaban de coñecerse e de ter a súa primeira cita, convocando nela todo tipo de recordos e persoeiros en maior ou medida presentes: fillas e fillos de parellas anteriores, nais divorciadas, avós na residencia, adolescentes co pavo, etc. Con todo, ao longo do seu encontro irán descubrindo que a tarefa máis complexa de resolver é unha tarefa coa que non contaban: como facer que as súas axendas cadren? Como descubrir se a chama do amor finalmente acendeu entre tanto ensarillado de de familias, vidas, e medos que cada un carrexa consigo?

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.