Os métodos para facer real a inclusión nas aulas, ao detalle este venres nunha xornada de AMBAR

14 Febreiro 2020

Hoxe temos en Ribeira, ás 18.00 horas no Restaurante Baiuca de Artes, unha cita coa inclusión e a solidariedade. Estamos a falar da xornada de presentación de EduDiversa, o programa de apoio á educación inclusiva e atención á diversidade, unha iniciativa de asesoramento e formación dirixida á comunidade educativa e baseada, en palabras da entidade organizadora do evento, AMBAR, “no modelo de Dereitos Humanos”. O seu obxectivo é crear aulas sen barreiras de ningún tipo.

O programa, co-financiado pola Fundación La Caixa, ofrecerá formación de balde, asesoramento e apoio na adaptación de recursos, da man de AMBAR. Na primeira xornada, que se desenvolve baixo o epígrafe Fundamentos e prácticas para a inclusión educativa, debullaranse os contidos que se van desenvolver ao longo de tres xornadas repartidas durante o curso escolar. O proxecto enmárcase dentro do compromiso social que promove Nacións Unidas de Non deixar a ninguén atrás.

O acto de hoxe vén co seguinte programa:

• 18:00h – Milagros Rey, presidenta de AMBAR, inaugura o acto.

• 18:10h – Representantes de Obra Social la Caixa relatarán a importancia de proxectos como EduDiversa no ámbito educativo.

• 18:25h – Laura Sieira e María Gómez, mestras de Ambar, presentarán os enfoques que se abordarán nas vindeiras xornadas de EduDiversa.

• 18:50h – Natividade Bouzas, xefa de Servizo de Inclusión da Xunta de Galicia, pechará a xornada.

Para asistir á actividade de hoxe as persoas interesadas poden inscribirse a través do teléfono 981 874 480, ou anotarse a través da web https://asociacionambar.org/edudiversa/.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.