O programa Xornalismo na Escola chega este luns a Ribeira

28 Febreiro 2020

A semana que vén, a actividade de Xornalismo na Escola La Caixa (o programa didáctico sobre os medios de comunicación impulsado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa) trasladarase a Ribeira, concretamente o luns 2 de marzo no IES Nº1 da localidade barbanzá. Haberá tres obradoiros, con comezo ás 9.50, ás 12.00 e ás 16.00 horas. Imparte as actividades a xornalista e experta en xestión cultural, Olaia Tubío Rei. O programa tamén chegará na mesma semana á Coruña (luns 2), Miño (martes 3 e Xoves 5) e Teo (xoves 5).

Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a miles de rapaces e rapazas de toda a Comunidade. Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, as e os xornalistas do Colexio mostrarán ante a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación e fomentarán o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Nun plano máis concreto, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.

Este proxecto, que se pode seguir en Twitter baixo o cancelo #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social La Caixa. As catro primeiras edicións desenvolveron con grande éxito entre o 2016 e o 2019 máis de 360 obradoiros de comunicación en numerosos puntos da xeografía galega, levando estas actividades a miles de alumnos e alumnas da Comunidade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

“Jesús Vázquez Paz, no Teleclub de Pígara” – Xulio Xiz

Jesús Vázquez Paz Despedimos a Jesus Vázquez Paz, de longa e froitosa vida ao servizo da Igrexa, da Cultura e dos chairegos, que naceu no Buriz e ao Buriz volve para que repousen os seus restos mortais. Fun amigo daquel crego/monitor do TC de Pígara, hai case 60 anos,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.