O CIFP de Coroso acolle un obradoiro de nós co mariñeiro palmeirán José Mariño

18 Febreiro 2020

Estes luns 17 de xaneiro celebrouse no Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) de Coroso, en Ribeira, a primeira sesión do obradoiro de elaboración de nós mariñeiros que organiza o devandito centro docente, contando coa estimábel contribución do ex-mariñeiro palmeirán José Mariño Sánchez, quen mostrou aos participantes como traballar cos cabos para facer os amarres máis indicados para cada tipo de labor no mar e para cada tipo de embarcación.

Segundo informa o devandito centro docente, o obradoiro do alumnado de primeiro curso de FPB co mariñeiro José Mariño estendeuse durante toda a mañá do luns, dende as 9.30 até as 14.00 horas. A sesión terá continuidade a semana vindeira, cunha nova cita con Mariño para, desa volta, abordar traballos cos cabos de meirande complexidade. O obradoiro culminará coa realización dun cadro colectivo cos nós máis relevantes que será exposto no centro docente de Coroso. Este cadro terá versións reducidas que poderán ser levadas polos alumnos para os seus fogares ao remate do curso.

Esta actividade ten como obxectivo favorecer a transmisión do coñecemento entre diferentes xeracións e “fomentar tradicións propias da zona e que se están a perder”. Por outra banda, a elaboración de nós é un contido propio do currículo da FPB de embarcacións.

O CIFP lembra que no transcurso da sesión formativa, os alumnos estiveron acompañados en todo intre polo seu titor, Alberto Vila Vidal.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.