Media ducia de centros dos nosos concellos apúntanse ás actividades autonómicas de voluntariado de lectura

03 Febreiro 2020
Passage between the bookcases in the library

Un total de 92 centros de ensino da provincia da Coruña participan este curso 2019/2020 nas iniciativas de Voluntariado de Lectura impulsadas pola Consellería de Educación. Trátase de dúas accións: Voluntariado na biblioteca escolar (Secundaria) e Voluntariado de lectura-A (Primaria). Pola nosa comarca, no primeira das actividades concorren o IES da Cachada de Boiro, o IES Félix Muriel e máis o CEIP Eusebio Lorenzo Baleirón, de Dodro. Na segunda das accións, o Voluntariado de lectura-A, participarán o CEP Xosé María Brea Segade (Rianxo), o CEIP de Olveira (Ribeira) e o CEIP O Grupo de Ribeira.

O obxectivo destas iniciativas, que se enmarcan no programa Bibliotecas Escolares Solidarias, é “estimular o voluntariado cultural en relación coas bibliotecas e a lectura entre o alumnado e recoñecer os esforzos das comunidades educativas por conformar bibliotecas escolares inclusivas”.

Respecto do obradoiro Voluntariado na biblioteca escolar, abéiranse a el 121 centros de toda Galicia e está dirixido a centros de ESO, Bacharelato, FP ou ensinanzas de réxime especial que contan con grupos formalizados de alumnado colaborador. Voluntariado na biblioteca escolar encamíñase, en palabras da Consellería, a “favorecer actitudes de colaboración e de solidariedade entre o alumnado galego, especialmente no ámbito cultural, o que poderá materializarse en actividades de colaboración na biblioteca escolar, de lectura compartida ou de traballo coa información, organizadas pola biblioteca, dentro ou fóra do centro”.

No caso da acción Voluntariado de lectura-A, é unha iniciativa dirixida a centros que matriculan alumnado de 5º e 6º cursos de ensino primario. Participan este curso un total de 41 centros da provincia (106 en toda Galicia). Búscase, coma no anterior caso, mobilizar ao alumnado en relación á lectura.

Outros artigos

Mércores 7, xornada de tempo variable

Este mércores 7, San Raimundo, quedaremos baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións. O día presentarase con ceos parcialmente nubrado e precipitacións intermitentes durante a mañá, especialmente na metade norte e interior da Comunidade. Co avance...

+

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Carta real a los Magos”. José Castro López

“Carta real a los Magos”. José Castro López

Después del mensaje real aparecieron dos clases de exégetas. Los que aplauden suspalabras sin darse por aludidos y los críticos que nunca defraudan y reproducen lavaloración negativa de años anteriores, que repetirán la siguiente Nochebuena.Lo cierto es que el Rey...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.