Investigado un rianxeiro como presunto autor dun delito contra a saúde pública

28 Febreiro 2020
Cedida pola Garda Civil

A Garda Civil do Posto de Rianxo investigou a un veciño desta localidade como presunto autor dun delito contra a saúde pública. Os feitos sucederon a raíz dunha denuncia interposta por unha muller nas dependencias oficiais desta Unidade, relatando que fora ameazada cunha pistola por esa persoa.

Cos datos aportados pola denunciante e ao carecer o investigado de calquera tipo de autorización administrativa para a tenencia de armas, a Garda Civil solicitou á Autoridade Xudicial un mandamento de entrada e rexistro do domicilio.

Tras recibir a correspondente autorización, a Benemérita puxo en marcha un amplo dispositivo para realizar o rexistro, encontrando no seu interior un revolver de aire comprimido, co que supostamente ameazou á denunciante; unha báscula de precisión; dúas bolsas de plástico transparente, as cales contiñan, segundo parece, marihuana; e outra bolsa de plástico que gardaba un polvo branco, presumiblemente metanfetamina, arroxando un valor de 1.600 gramos tras pesalo.

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como presunto autor dun delito contra a saúde pública, así como á incautación dos efectos e substancias encontradas. O investigado, xunto coas actuacións realizadas e os efectos aprehendidos, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Padrón.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.