Excéntricas culmina en Santiago con Medida x Medida as celebracións do seu 15 aniversario

20 Febreiro 2020

Producións Teatrais Excéntricas, a compañía na que milita Quico Cadaval, vai culminar esta semana as celebracións do seu 15 aniversario cunha nova representación de Medida x Medida, dirixida polo dramaturgo e contador de Carreira (Ribeira). Será con dúas funcións este venres 21 e o sábado 22 no Auditorio de Galicia a partir das 20.30 horas e ao remate da función do venres, haberá unha #posfuncion co equipo técnico e artístico e o público: unha sesión engadida para que o público poida conversar co equipo artístico e técnico do espectáculo.

As entradas, a 12€ (cos descontos habituais do 50%) poden mercarse en compostelacultura.gal, no despacho de billetes do Teatro Principal e os días de función no propio Auditorio de Galicia.

As celebracións do 15 aniversario de Excéntricas foron das a coñecer pola concelleira de Acción Cultural, acompañada do director do espectáculo Quico Cadaval; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e varios membros do elenco: Víctor Mosqueira, María Costas e.

Medida x Medida, unha adaptación da obra de William Shakespeare levada a cabo por Quico Cadaval, foi un dos grandes acontecementos teatrais galegos da tempada. Salienta entre outras moitas cousas, tal e como quedou manifesto ao seu paso por múltiples escenarios e certames de renome (como o FIOT de Carballo) por un punto de vista novo, xenuinamente noso, sobre o legado artístico de William Shakespeare: o punto de vista retranqueiro, espontáneo e irreverente de Quico Cadaval, que xa ten ás súas costas certa experiencia de deconstrución e reconstrución arredor da obra do escritor inglés (por exemplo a través da obra Shakespeare para ignorantes).

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.