Apertura da oitava edición da ribeirense Feira de Inverno

28 Febreiro 2020

Esta tarde tivo lugar a apertura da oitava edición da Feira de Inverno do pequeno comercio, impulsada pola Asociación de Empresarios de Ribeira en colaboración co Concello. A este acto asistiron, entre outros, o alcalde Manuel Ruiz, membros da corporación municipal e representantes da patronal ribeirense, acompañados do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Durante o seu percorrido pola mostra, o conselleiro destacou o dinamismo, variedade e calidade do sector comercial do municipio, apuntando que o comercio de proximidade é un dos principais motores económicos das vilas e cidades galegas, e un dos seus maiores atractivos.

Situado na carpa do Malecón, este evento desenvólvese do 28 de febreiro ao 1 de marzo, contando coa participación de 15 establecementos, cifra que se viu incrementada respecto á anterior convocatoria, que poñen á venda o seu stock con descontos. Así mesmo, cada día efectuarase un sorteo presencial de 50 euros en vales de compra para consumir nos locais que toman parte desta feira. O horario establecido é o venres 28, de 11.00 a 22.00 horas; o sábado 29, de 10.00 a 22.00 horas; e o domingo 1, de 11.00 a 20.30 horas. 

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.