A instalación da nova rede de saneamento da rúa dos Bolos en Aguiño recibiu doce ofertas

12 Febreiro 2020

O Concello de Ribeira informo hoxe de que ao proxecto para instalar unha rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos na parroquia de Aguiño, así como na vía transversal, presentáronse finalmente unha ducia de ofertas. O Executivo local lembra que a contorna en cuestión non conta con rede de saneamento, razón pola cal elaborouse un proxecto técnico dirixido a instalar este servizo. A tal efecto instalarase en primeiro lugar dúas tubaxes tipo SN4: unha de 315 milímetros de diámetro e 68 metros de longo e outra de 250 milímetros de diámetro e 60 metros de lonxitude.

A través destes colectores conduciranse as augas residuais por gravidade ata o punto máis baixo do trazado, onde se implantará un bombeo con dúas bombas mergulladas fixas de caudal unitario 3,50 m3/h. O Concello explica que dende o devandito punto as augas impulsaranse por medio dunha tubaxe de polietileno de alta densidade de 125 metros de longo e 63 milímetros de diámetro ata a súa conexión coa rede xeral. Tamén se colocarán 6 pozos de rexistro separados cada 40 metros aproximadamente.

A rúa dos Bolos será pavimentada con aglomerado en quente e na vía transversal reporase a gabia con pavimento de formigón. O importe desta actuación ascende a 45.789 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.