A información pública a variante de Ribeira

07 Febreiro 2020

O DOG de hoxe publica o anuncio de Información pública da nova variante de Ribeira. Esta mañá a Conselleira de Infraestructuras Ethel Mª Vázquez Mourelle visitou o Concello acompañada de altos cargos do departamento e do alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, explicou o proxecto a realizar. A nova variante terá 3,1 quilómetros e permitirá reducir nun 50% por cento o tempo de acceso á cidade. O investimento previsto incluidas as expropiacións superaran os 9 millóns de euros.

Actualmente, o núcleo de Santa Uxía de Ribeira ten acceso a través de dúas estradas autonómicas, a AC-550 desde o norte e a AC-305 desde o nordeste (pola costa). As citadas estradas conflúen e finalizan no límite norte do núcleo urbano de Ribeira. Como acceso principal ao concello e ao seu contorno está a autovía AG-11 (Padrón-Ribeira), que conecta a autoestrada AP-9 en Padrón coa citada estrada AC-550 á altura do polígono industrial de Xaras (ao norte de Ribeira), a escasamente 1,5 km do punto de confluencia coa estrada AC-305. Polo tanto, o acceso ao núcleo de Ribeira é único e localízase na súa zona norte.

Coa convocatoria da Consellería de Infraestructuras pretendese dotar ao núcleo urbano de Ribeira de novos accesos, mediante a execución dunha nova vía que se desenvolva polo oeste e o sur do concello e conecte a autovía AG-11 e a estrada AC-550 coa estrada da costa (a DP7307), unha vez atravesado o núcleo urbano de Ribeira. O trazado da actuación dividiuse en tres treitos en función das características. O decreto do DOG publica amais a relación de bens, dereitos e propietarios afectados polas obras.

Conselleira de Infraestructuras Ethel Mª Vázquez Mourelle presentando a nova variante de Ribeira

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.