Unha mostra itinerante sobre o cambio climático recala no entorno da ribeirense Casa do Concello

20 Xaneiro 2020

O entorno da Casa Consistorial de Ribeira albergará ao longo desta semana unha exposición didáctica sobre os efectos do cambio climático. Promovida pola Xunta mediante a Dirección Xeral de Calidade e Ambiental e Cambio Climático, trátase dunha mostra de carácter itinerante na que a través de 17 paneis se explican todo tipo de cuestións relacionadas co cambio climático en Galicia, tales coma os custes ambientais que supoñen, os hábitos que a nivel doméstico é preciso mudar para facerlle fronte ou as políticas públicas a implantar.

A mostra será exhibida ata o vindeiro venres coa previsión de distribuíla tanto polo recibidor do Consistorio coma pola praza do Concello. En relación a este último espazo, hoxe resultou imposible colocala ao aire libre debido ao intenso vento.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.