SumaRibeira presenta alegacións para reducir en case 1.100.000 euros o incremento de crédito para o novo Auditorio

15 Xaneiro 2020

SumaRibeira, a agrupación que coordina Xurxo Ferrón, vén de presentar alegacións ao proxecto Novo Auditorio Municipal, unha das grandes iniciativas do actual equipo de Goberno ribeirense e de cuxos detalles falamos polo miúdo o pasado mes de novembro, cando se formalizou o convenio de colaboración específico coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. As alegacións, basicamente, van destinadas a impulsar a posta en práctica de medidas que conteñan o gasto: nelas, proponse reducir en 1.099.423€ o incremento de crédito para o novo Auditorio, en orixe aprobado por valor de 1.499.423€.

Por certo que este orzamento iría destinado a financiar con 400.000€ a diferencia entre os 2.100.000€ dispoñíbeis e os 2.500.000€ máximos fixados no concurso, e, asemade, pór en xogo 1.099.423,88€ para acadar a cantidade de 3.599.423,88€ solicitados nun informe da empresa gañadora do dito proceso público.

SumaRibeira sinala nas súas alegacións que “non se respectou un criterio de procedemento que debera ser esixíbel cunha construción destas características”. Segundo lembra a agrupación, no informe da firma UTE PGP Arquitectes, gañadora do concurso, que expón a necesidade dun incremento dun 60% no presuposto para que o Auditorio cumprise cunha serie de expectativas, “non foi nin minimamente debatido pola Corporación Municipal”.

Suma Ribeira presentou alegacións á suba da contía para o Auditorio de 1.099.423,88€ (3.599.423,88 – 2.500.000) aducindo discrepar co acordo plenario que “asumiu como un auto de fe”, sinala a agrupación, “todos os requirimentos económicos que a empresa PGP Arquitectes condiciona a unhas características técnicas que din que non estaban contempladas nas bases do concurso”. SumaRibeira entende e defende que moitas desas eivas esgrimidas si estaban contempladas nas bases do concurso.

Como exemplo, a agrupación de Xurxo Ferrón cita un punto que figura no informe de PGP, no que se sinala que se ben o encargo do proxecto é dun auditorio, “cren”, porén, “máis axeitado que sexa unha sala polivalente”, coa posibilidade de acoller teatro, cine e música. SumaRibeira tamén lembra que a empresa aposta no informe por un teatro porque dispón de “caixa escénica, peite e maquinaria escénica”, e posibilita a realización de obras que requiren “tramoia, sistemas de iluminación por zonas… o que permitiría a realización de calquera obra teatral ou musical”. En base a todo isto, SumaRibeira recorda que no concurso, “sorprendentemente”, aparecen entre outras as seguintes correccións reflectidas: que o proxecto deberá ter “adaptabilidade escénica e poli-funcional para a realización de espectáculos de distinta índole” e que “disporá de caixa escénica, composta e equipada cos elementos imprescindibles (candilejas, tramoia, etc,…)”.

Por estas razóns, a agrupación política fai saber que se os requirimentos precisos que esixe a empresa para poder usar o espazo como teatro (caixa escénica e peite por valor de 150.000 euros e equipamento escénico por 272.000), “debe rexeitarse a solicitude de incremento de orzamento de 422.000 € (150.000 + 272.000)”.

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.