O Chispetrén encabeza a clase grande da Regata Distribunosa do Náutico de Rianxo

20 Xaneiro 2020
Cedida

A primeira xornada da Regata Distribunosa contou no 18 de xaneiro cunha flota de veleiros próxima á vintena, conferindo gran vistosidade á ría de Arousa no seu trazado costeiro. Organizada polo Club Náutico de Rianxo, a cita velística desenvolveuse en moi boas condicións meteorolóxicas, cunha compoñente de vento que mantivo unha media de intensidade nos 12 nós, acadando picos de 20 nos momentos nos que entrababan os intensos chuvascos na enseada rianxeira, sendo o seu eixo do 270, con algúns xiros a dereita e esquerda, 290 e 260, respectivamente.

O Comité da Regata Distribunosa, presidido por Carlos Sardiña, que actuou de Oficial Principal, elixiu para esta primeira proba o Numeral 2, dos seis posibles, percorrendo as boias de sinalización marítima do Seixo e Aurora, determinando a distancia total en 12’3 millas náuticas, uns 20 quilómetros. Este trazado aplicouse ás Clases Regata, Cruceiro/Regata A e B. Para os Cruceiro, a distancia foi algo menor, 7’73 millas, uns 12’5 quilómetros.

Cedida

O Chispetrén comeza a tempada deportiva do Náutico de Rianxo mandando na División dos Regata. O veleiro, armado e patroneado por Jesús Iglesias, do club anfitrión, encabeza o listado provisional. Séguelle La Fanciulla, de Manuel Castro, tamén de Rianxo, sendo terceira A Pillara, de José Manuel Ben, do Deportivo de Riveira.

En Cruceiro/Regata A é o Fixius, de Miguel Pérez-Lafuente, do Club Náutico de Vilagarcía, o que domina a súa Clase. Segundo é o Camping Ría de Arosa, de José Manuel Pombar, da Real Federación Galega de Vela. E pecha o podio o Ráfagas II, de José Carreira, do Club de Rianxo.

En Cruceiro/Regata B logra o posto máis alto o Piño Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro. Na posición intermedia atópase o Orlando, de Victoria Facall, do Club Marítimo de Oza. E o bronce é para o Sempre Volve, de Luismi González, do Club Náutico Arousa Norte.

Pechan a clasificación os Cruceiro, co Galopín, de Manuel Franco, do Club Náutico Deportivo de Riveira, no Ouro. Segundo é o Estela X, de Miguel Cabo, de Rianxo. E terceiro é Aloa, de Manuel González, tamén de Rianxo.

A segunda entrega da Regata Distribunosa, das cinco previstas, celebrarase o 15 de febreiro.

Cedida

Outros artigos

Accidente sen feridos na AG-11 á altura de Rianxo

A dotación do Parque de Bombeiros de Boiro (Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña) actuou na mañá deste venres 7 de novembro para asistir a unha persoa implicada nun accidente acontecido na Autovía do Barbanza (AG-11), no quilómetro 16 en Ribeira ao seu...

+

Este sábado celébrase na Capela o Magosto do Araño

Este sábado o Centro Social da Capela (Araño, Rianxo) vai acoller unha gran festa gastronómico-musical: a festa do Magosto. Haberá castañas asadas de balde, xogos populares para a rapazada (con monitores), música e actividades diversas para todos os públicos e,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

“Un simple Basurero en Alemania”. Jose Mateos Mariscal

Un español en Alemania opina que todo el mundo merece la oportunidad de construir una buena vida, independientemente de dónde haya nacido o de cuándo o cómo haya emigrado. Cuando las personas toman la difícil decisión de abandonar sus hogares, buscan seguridad,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.