Aprobado o crédito extraordinario que permita a adquisición do local de O Lagar

31 Xaneiro 2020

A Pobra do Caramiñal celebrou na tarde de onte a sesión plenaria ordinaria correspondente ao mes de xaneiro. Tras a aprobación das actas anteriores correspondentes ao 7 e 28 de novembro de 2019, procedeuse a abordar o punto relativo ao crédito extraordinario 03/2019 que permita a adquisición do local do antigo restaurante O Lagar. A voceira do BNG, Amparo Cerecedo, manifestou que continúan sen dispoñer dos suficientes datos que avalen mercar ese espazo, engadindo que “non se debería ter invertido nun local que non era propiedade municipal, senón que era de alugueiro.” Pola súa parte, o portavoz do PP, Manuel Durán, cualificou a cantidade de información como “escasa.” A cuestión logrou saír adiante co respaldo de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, absténdose PP e BNG.

De seguido, debateuse moción do BNG en demanda de limpeza de regos e cunetas das vías e estradas rurais, a cal foi aprobada por unanimidade. Así mesmo, levaron a pleno unha moción sobre a emigración que lles chegou a través de Vía Galega. A cuestión saíu adiante co apoio do BNG, Nós Pobra e PSdeG-PSOE, agás os votos en contra do PP. O grupo municipal nacionalista tamén levou unha moción para a mellora da sanidade pública que lles chegou a través de SOS Sanidade Pública, resultando aprobada cos votos favorables do BNG, Nós Pobra e PSdeG-PSOE, a pesar dos votos en contra do PP.

A continuación, tratouse a moción do PP sobre o establecemento dun Punto de Información Catastral (PIC), a cal foi aprobada por unanimidade. Ademais, os populares levaron a pleno unha moción relativa á utilización da antiga escola do Camiño Ancho como vivenda, saíndo adiante co respaldo do PP e BNG, a pesar dos votos en contra de Nós Pobra e PSdeG-PSOE. A última moción a abordar, da man do PP, en relación á falta de coidado, mantemento e supervisión do patrimonio do municipio pobrense resultou denegada co voto en contra do alcalde que desfixo o empate existente entre a favor do PP e en contra de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, absténdose o BNG.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.