Aprobada a pobrense Conta Xeral 2018

02 Xaneiro 2020

A Conta Xeral 2018 da Pobra do Caramiñal foi levada a pleno extraordinario e urxente na mediodía do luns 30. A voceira do BNG, Amparo Cerecedo, manifestou que se presentaba “de maneira irregular”, ademais de que coa información da que dispoñían, o grupo municipal ao que pertence non podía avalar “esas irregularidades.” Engadiu que “o que non se pode facer é esperar a responsabilidade dos outros grupos para que non decaia a Conta Xeral e que nos leve a avalar unha irresponsabilidade do goberno.” No que respecta ao números, fixo fincapé en que lles chamaba a atención “o alto índice de incumprimento que hai de execución de proxectos”, afirmando que había algún sen levar a cabo desde o 2016. A intervención de Cerecedo concluíu expresando a importancia da transparencia e de que o documento saíse adiante, “pero como ten que ser segundo a lei, o que fixa a lei, que non o fixa o BNG.” Pola súa parte, o alcalde Xosé Lois Piñeiro respondeu que os membros da corporación puideron estudar a Conta Xeral desde que se lles fixo entrega da mesma ata o día no que se celebrou o pleno, “creo que sobraba tempo.” A cuestión foi aprobada cos votos a favor de Nós Pobra e PSdeG-PSOE, coa abstención do PP e a pesar dos votos en contra do BNG.

A continuación procedeuse a abordar a modificación dos estatutos da Entidade Urbanística de Conservación do Polígono da Tomada. Un asunto que non xerou debate e foi aprobado por unanimidade.

A sesión rematou coa retirada da orde do día por cuarta vez do punto relativo ao crédito extraordinario 03/2019 que permita a adquisición do local do antigo restaurante O Lagar. Desta vez foi por iniciativa do propio goberno municipal, xa que tal e como explicou o rexedor “hai que cumprir os prazos de exposición pública que non permitiría que entrara en vigor porque o ano acaba mañá e resulta imposible. Terá que ir no pleno ordinario de xaneiro.”

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

“Plumas y plumas” – Manuel Domínguez

Me duele lo que escribo. Tal vez difícil de entender. Hay dos tipos de plumas, las plumas biológicas y las plumas de escritura. Las plumas biológicas, las hay de Pavo Real y de buitre carroñero. La pluma estilográfica es, didáctica, limpia y clara, un verbo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.