A rapazada participante no Nadal Informático de Ribeira recibiu os seus diplomas

03 Xaneiro 2020

A Aula CeMIT de Ribeira acolleu a entrega de diplomas aos 18 rapaces e rapazas que, distribuídos en dous grupos, participaron nestas datas nos cursos do Nadal Informático organizados polo Concello.

A concelleira de Innovación Tecnolóxica, Ana Barreiro, acompañada do profesor Manuel Bello, encargouse da entrega destes diplomas e desexou que as clases resultasen do agrado dos asistentes.

Once dos cativos participaron na acción formativa Iníciate na informática, dirixido a alumnado con idades comprendidas entre os 7 e 10 anos; mentres que os outros sete fixeron o propio en Retoca as túas fotos, destinado a estudantes de 11 a 14 anos.

Ambos cursos foron totalmente gratuítos e desenvolvéronse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.