A incorporación dun prospector e un orientador laboral marcan o inicio do Boiro Emprega

13 Xaneiro 2020

Arranca o programa integrado de emprego Boiro Emprega coa incorporación nesta mesma mañá dun prospector e un orientador laboral, os cales comezarán a establecer contactos con empresas, tanto para a formación coma para o emprego, adaptadas ao perfil dos usuarios. O programa -subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia- está dirixido a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.

A primeira fase, baseada na elección de participantes, concluíu no mes de decembro. Un total de 100 persoas participan nesta iniciativa que ten como obxectivo actuar de maneira efectiva sobre a empregabilidade e a inserción laboral no municipio. As accións deste programa combinan actividades de carácter individual e colectivo, procurando desenvolver as competencias prelaborais dos candidatos, mellorar e incrementar as competencias profesionais, achegar os usuarios ao mercado laboral e familiarizalos con ferramentas de busca de emprego. As áreas nas que se incidirá son o turismo, administración e xestión, industria de produción e envasado. 

O programa integrado do emprego lévase a cabo cunha subvención de 250.000 euros e consta dun ano de duración, desenvolvéndose entre o 20 de outubro de 2019 -cando comezou a selección de participantes- e o 20 de outubro de 2020. As accións formativas comezarán a próxima semana e impartiranse no centro de formación e viveiro de empresas situado no polígono industrial de Espiñeira.

Outros artigos

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o seu Serán Tradicional

Abanqueiro celebra este sábado 20 de xuño o Serán Tradicional da Asociación Cultural de Abanqueiro. Será a partir das 19.00 horas no Centro Social. Organizado pola dita asociación en colaboración co Concello de Boiro, incluirá no seu programa un interesante menú de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

“Siete días vibrantes”. Mario Clavell

He visto el despegue del Falcon que el rey de España ha prestado al Papa para su vuelta a Roma. Y he pasado docenas de horas de la última semana viendo, oyendo y leyendo imágenes y textos nunca antes vistos u oídos: ¿con cuales quedarme para redactar esta columna...

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

“El gato de Cabo Verde” – Manuel Domínguez

El gato de Cabo Verde Cuarenta 40 años, imparable. Mi análisis, previo y post partido difiere de todos los comentaristas. España jugo bien, oportunidad de gol incluso toco el palo, manejo el balón un 80 % del tiempo. ¿Entonces como no marco un gol? Siempre que la...