A Audiencia prorroga a prisión provisional de José Enrique Abuín, condenado por matar a Diana Quer

27 Xaneiro 2020

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acordou a prórroga da situación de prisión provisional do condenado polo crime de Diana Quer.

A Audiencia decreta que a máxima duración posible da prisión provisional concluirá o 29 de decembro de 2032. No auto, o maxistrado presidente explica que “debe precisarse que tal é o tempo máximo que a norma permite, o que non implica -nin é en absoluto previsible- que a medida poida ter necesariamente tal duración, nin exclúe que o tempo transcorrido de privación provisional de liberdade constitúa un factor que deba ser tido en conta para o mantemento ou cesamento da medida, como esixe a súa natureza provisional e excepcional.” O xuíz destaca que “non se discutiu a subsistencia de motivos xustificadores da situación de prisión preventiva.”

Por outra banda, coñeceuse que a defensa de José Enrique Abuín recorreu a sentenza que o condenou o pasado mes de decembro a prisión permanente revisable polo acontecido en agosto de 2016.

Fíxose a través dun recurso de casación presentado ante o Tribunal Supremo e que reclama que se declare a nulidade da vista oral, que se devolva a causa á Audiencia Provincial da Coruña e que se celebre un novo xuízo.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

“A cruz da salvación do ser humano”. José Fernández Lago

Hoxe, de mañanciña, púxenme a rezar o Oficio Divino, correspondente a este día: o da Festa da Exaltación da Santa Cruz. Dediqueille un pouco de tempo a reflectir sobre os textos bíblicos da serpente de bronce que ergueu Moisés no deserto para curar aos magoados que a...

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

“As despedidas de setembro” – Lois Alcayde Dans

Setembro despide a xente que xa non cruzará connosco polas mesmas rúas. Algúns marchan a outras encomendas noutras partes do mundo e outros, no traballo de erosión que ten o tempo, alónxanse de nós cara aos seus portos particulares, arredados das mesmas augas nas que...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.