Rianxo en Común propón amañar a estrada de Araño con cargo ao Plan Único

11 Decembro 2019

A agrupación Rianxo en Común que lidera Julián Bustelo vén de propoñer ante o Concello unha serie de accións a desenvolver no concello con cargo ao POS + 2020 (Plan Único de Concellos) da Deputación da Coruña, cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de decembro. Entre as propostas de actuación figuran os traballos para mellorar a estrada que une os núcleos de Outeiro, na parroquia de Araño, cos de Cerqueiras, Vilar, A Varela e Campelo, na mesma parroquia.

Segundo Rianxo en Común, esta estrada presenta dende hai anos importantes carencias no seu firme, “o que pon en serio risco a seguridade das veciñas e veciños que a diario teñen que facer uso dela”. O colectivo engade que a vía, de 11 quilómetros de lonxitude, ten treitos especialmente deteriorados, nos que, “por falta de mantemento e pola acción das raíces das árbores que medran a carón da pista, as fochancas dificultan seriamente a circulación dos vehículos”.

A isto, explica a agrupación, cómpre engadir os agravantes de ser unha estrada de moitas curvas, moi afectada pola néboa e “na que apenas hai puntos de luz nos núcleos antes sinalados”. Rianxo en Común fai saber que a actuación “poderíase acometer con cargo aos fondos do plan provincial nun período de tempo razoábel, que contemplaría a adecuación do firme así como as melloras no trazado orientadas a aumentar a seguridade”.

Por outra banda, o grupo quere facer fincapé na necesidade de apostar en firme pola accesibilidade en “diferentes puntos do concello”, particularmente “na zona máis urbana do mesmo”, onde a concentracións de habitantes e servizos é maior. Neste senso, os integrantes de Rianxo en Común critican que “só na propia vila existen máis de 100 puntos nos que se incumpre a normativa vixente en materia de accesibilidade”. sinalan. A agrupación cita casos concretos de existencia de barreiras e atrancos, entre os que se atopan accesos a pasos de peóns con inclinación excesiva ou beirarrúas con elementos intrusivos.

En base a isto, a agrupación solicita que “se destinen os fondos aportados Plan Único de Concellos” para emendar a problemática da accesibilidade local, unha liña de traballo que, sinalan, xa contaría cun estudio pormenorizado de atrancos e barreiras identificados e localizados feito pola plataforma Rianxo en Común e que se poría a disposición do Concello e a Deputación.

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.