O BNG de Ribeira acusa a Ruiz de inacción para solucionar as verteduras do aliviadoiro no río Listres

10 Decembro 2019
Cedida por BNG de Ribeira

O BNG ribeirense rexistra unha iniciativa para indagar cales son as accións que ten emprendido o Concello de Ribeira para rematar coas verteduras que, segundo sostén a formación nacionalista, se están producindo de maneira continuada no río Listres por culpa do aliviadoiro do tanque de tormenta dos Areeiros.

Os nacionalistas indican que teñen denunciado en diversas ocasións que o referido aliviadoiro non desemboca no mar, senón que o fai no río Listres, o cal leva moi pouca corrente, mesmo en determinadas épocas do ano case non leva auga ou seca. Esta circunstancia fai que cando se producen verteduras, os residuos quedan estancados no rego fluvial provocando mal olor. A isto, engaden que a nivelación ascendente do terreo tampouco axuda á saída das augas residuais cara ao mar.

Segundo o concelleiro Luís Pérez Barral, isto fai que o aliviadoiro estea xerando un problema ambiental, pois “de ter que aliviar, non é o mesmo facelo nun río que ten pouco caudal que facelo no mar onde o problema ambiental causado sería moito menor.” Ademais, o edil do Bloque púxose en contacto coa plataforma de afectados para realizar a iniciativa e engade que “é vontade dos afectados como do BNG que se canalice en condicións e que non afecte aos bancos marisqueiros pois deles dependen moitos postos de traballo.”

Desde o Bloque denuncian a pasividade do goberno local ante esta situación e precisan que se trata dunha cuestión coa que tamén cadra a veciñanza do entorno e ven que nada fixo desde que se aprobou a iniciativa do BNG en xuño de 2017 para canalizar este punto negro da rede de saneamento. Pérez Barral declara que “o Concello de Ribeira debería liderar un compromiso de procurar solucións definitivas e non ficar impasíbel vendo o tempo pasar.”

Con respecto á depuración das augas residuais, o concelleiro nacionalista recorda que no mes de agosto aprobárase unha emenda do Bloque para encargar unha auditoría externa independente que reflicta que as obras comprometidas polas institucións están realizadas e os problemas solucionados. Neste senso, conclúe que “o BNG non aprobará nada sen que se presente as auditorías (interna e externa) ante os grupos e a veciñanza e teñan un resultado favorábel.”

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.