A campaña de Nadal ribeirense sorteará 4.500 euros en vales de compra

04 Decembro 2019

A Asociación de Empresarios de Ribeira, en colaboración do Concello, impulsa unha nova iniciativa coa que contribuír á dinamización económica do municipio. Nesta ocasión, trátase da campaña de Nadal, onde mercar e consumir terá premio. O presidente da referida entidade, Francisco Martínez; o secretario da mesma, Juan Martínez; e o concelleiro de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica, Ramón Doval, foron os encargados de explicar como se desenvolverá o evento.

Esta iniciativa estenderase do 9 de decembro ao 6 de xaneiro, contando coa participación de 62 establecementos, cifra que se pode ver incrementada, e sorteándose 4.500 euros en vales de compra: un de 500 euros, dez de 250 euros, dez de 100 euros e dez de 50 euros. O sorteo terá lugar o 14 de xaneiro, ás 19.00 horas, no propio local da entidade e os agraciados dispoñen ata o 31 de xaneiro para reclamar os premios.

Así, procederase ao reparto de ao redor de 120.000 rifas e cada cliente recibirá unha por compras superiores a 10 euros. Tamén se obsequiará con tíckets de aparcamento gratuíto.

O presidente da Asociación de Empresarios de Ribeira, Francisco Martínez, manifestou que se trata dunha campaña coa cal “estamos moi satisfeitos con ela” e destacou que se trata “dunha contía moi importante en sorteos en vales de compra.” Pola súa parte, o edil Ramón Doval felicitou á patronal ribeirense polo labor desenvolvido e subliñou a cooperación que manteñen, poñendo como exemplo o Black Friday que resultou un “éxito completo.” Tamén anunciou que se realizarán concursos de escaparatismo, parques inchables con entrega de lambetadas, visita do Apalpador e do Carteiro Real, tren turístico infantil ou o mercado de Nadal na praza da Porta do Sol, entre outras numerosas propostas. Neste senso, expresou que “este tipo de actuacións van dinamizar as rúas e, con iso, pensamos que imos atraer aquí unha cantidade de xente que vai participar dos nosos comercios, das nosas hostalerías e de todos os establecementos que temos en Ribeira.”

Outros artigos

Ribeira renova a súa distinción como Cidade da Ciencia e a Innovación

Ribeira é unha das 17 cidades Innpulso que renova a súa distinción de Cidade da Ciencia e a Innovación por apostar por políticas locais innovadoras nos seus territorios. No caso ribeirense, o galardón atópase na categoría de municipios de 20.001 a 100.000 habitantes;...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.