A área de Santiago e Barbanza rexistrou máis de 101.000 vacinacións contra a gripe

30 Decembro 2019

A Área Sanitaria de Santiago e Barbanza vén de facer balance das cifras de vacinación conseguidas os meses pasados na contorna xeográfica que lle é competente. Segundo fixo saber, rexistráronse unhas 101.000 vacinas no marco da campaña contra a gripe que se iniciou o pasado 14 de outubro e que rematou o venres 27 de decembro. Isto supón 3 puntos máis de cobertura que o ano pasado (8.300 persoas máis), engadiuse.

Das persoas vacinadas, unhas 65.700 pertencen ao grupo obxectivo de 65 ou máis anos, o que significa unha taxa de cobertura do 61% neste tramo de idade. O colectivo de 75 ou máis anos acadou unha taxa de máis do 67%.

A conto destes datos e outros referentes a outras áreas sanitarias da nosa xeografía, Sanidade quixo lembrar que as persoas que queiran vacinarse aínda están a tempo de facelo, malia que a campaña xa estea rematada. Poden levalo a cabo nalgún dos preto de 80 puntos de vacinación repartidos por toda a área sanitaria. Estarán dispoñíbeis durante o mes de xaneiro.

Quen queira máis datos sobre a doenza, pode consultar a web da campaña, https://gripe.sergas.es, que abrangue datos actualizados de interese para a sociedade e para os profesionais.

Outros artigos

Martes 8, choivas e unha notable caída das temperaturas máximas

A retirada do anticiclón abrirá a porta a precipitacións que avanzarán de oeste a leste, xunto a ventos que rolarán a norte pola tarde. As altas presións retíranse cara ao oeste durante este martes, facilitando a entrada dunha fronte polo noroeste galego ao longo da...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La formación, respuesta a la IA”. José Castro López

La Inteligencia Artificial (IA) ya ha empezado a destruir empleo en empresastecnológicas y de otros sectores, una tendencia global que también comienza a sentirseen España. La Fundación de las Cajas de Ahorro (FUNCAS) presentó hace unos mesesun estudio sobre el...

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

“La Galicia de los cien años” – José Antonio Constenla

Álvaro Cunqueiro imaginó muchas veces Galicia como el lugar donde lo extraordinario convivía con lo cotidiano. Una tierra en la que la realidad siempre deja espacio para los milagros y quizás uno de esos pequeños milagros sea que el tiempo aquí transcurre de otra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.