SumaRibeira propón regular o desenvolvemento dos debates nos plenos

18 Novembro 2019

SumaRibeira, a agrupación política e cidadá liderada por Xurxo Ferrón, vén de presentar unha proposición ao Concello para a regulación e do desenvolvemento das deliberacións e debates no pleno municipal. Segundo explica, a proposta ten a súa orixe nos anos de experiencia de Suma Ribeira nos plenos e na constatación, por parte da cidadanía que segue de preto os plenos, “da existencia dun excesivo e inxustificado intervencionismo e protagonismo da figura do alcalde nas sesións”, que nalgúns casos, sinala a agrupación, “podería considerase que supón un menoscabo ao exercicio dos seus dereitos como cargos representativos de concelleiros e grupos políticos locais, e, nomeadamente, dos concelleiros e grupos políticos da oposición”.

En base a todo o devandito e a outros argumentos que xustificarían “un esforzo por mudar comportamentos a actitudes” (por “parte da presidencia do pleno, das concelleiras e concelleiros do equipo de goberno e dos grupos da oposición”), que non contribúan a converter os plenos na “escola municipal de democracia representativa” que toda a cidadanía quixera ter, Suma Ribeira pide (entre outras cousas) que a presidencia actúe esencialmente, no desenvolvemento das deliberacións e dos debates, “como moderadora e reguladora das sesións”. Así, “a presidencia evitaría utilizar a súa condición para realizar intervencións entrando a debater sobre os contidos dos temas obxecto da deliberación plenaria”, explican.

Amais, a agrupación solicita que na interpretación pola presidencia do seu dereito a quenda de intervención por alusións “procure sempre manter semellantes criterios aos que mantén con tódalas integrantes do pleno”. Por outra banda, propón que “tódalas concelleiras se esforcen en que as intervencións sexan acordes coa debida cortesía parlamentaria”.

A maiores, SumaRibeira pide que o presidente, logo das derradeiras contribucións dos debates, actúe só en calidade de moderador, “pero non empregando a súa condición de presidente para desenvolver unha intervención adicional dentro do debate xa rematado polo propoñente”.

Outros artigos

Ribeira e Santiago encabezan a vaga de solidariedade co pobo de Ceuta

A praza do Obradoiro congregou a centos de persoas diante de Raxoi, mentres que a veciñanza ribeirense respondeu á chamada institucional fronte á casa consistorial. Os actos enmarcáronse na convocatoria estatal da FEMP ante a crise migratoria e social que atravesa a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

“El anfiteatro de un pícaro”. José Castro López

Guardo en una carpeta noticias tan extrañas y sorprendentes que no serían creíbles comoverdaderas si no aparecieran publicadas en periódicos serios. Bueno, pues hace unosdías incorporé a ese peculiar archivo la historia de Franco Malosso, un ciudadano de lasiempre...

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

“Saúde pública en Europea” – José Manuel Pena

O beber demasiado alcol, o fumar, o non facer exercicio, o abusar das drogas ou o comer alimentos que nos fan dano, son algunhas das ameazas para a nosa saúde que provén do modo e o estilo de vida de cada un de nós. Resulta extraordinariamente preocupante de que o...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.