O venres preséntase en Rianxo A casa xunto ao volcán do escritor local Xosé Ricardo Losada

21 Novembro 2019

Este venres 29 de novembro temos no Auditorio de Rianxo unha cita literaria co escritor local Xosé Ricardo Losada, autor do libro recentemente gañador do segundo Premio Viadutos de Novela 2019 co seu libro A casa xunto ao volcán, unha das grandes novidades de Galaxia nesta tempada previa ao Nadal. A presentación de A casa xunto ao volcán en Rianxo está prevista para as 21.00 horas e contará coa presenza do propio autor, de Adolfo Muíños (alcalde), de Malores Villanueva (editorial Galaxia), de Antón Riveiro Coello (escritor e socio de Barbantia) e de Alicia Fernández Ínsua (estudante de Comunicación Audiovisual). O acto, no que tamén se presentará o número 149 do suplemento cultural A Voz de Barbantia será introducido e pechado, musicalmente, por Félix Rodríguez Ramos (bombardino) da Escola de Música de Rianxo. Organizan Barbantia, Galaxia, La Voz de Galicia e o Concello.

O autor

Xosé Ricardo Losada nado en Rianxo en 1961, é colaborador habitual de Barbantia amais dun importante escritor da nosa comarca (é responsábel, entre outras obras senlleiras, da novela Bótame deste mar fóra e a escolma poética Dez anos de poesía, Premio Faustino Rey Romero en 2008), amais de ser un destacado biógrafo de Manuel Antonio (é autor de Vida e misterio dun poeta galego, un dos máis salientábeis achegamos á traxectoria vital e artística do autor de De catro a catro).

O pasado verán deuse a coñecer que a súa nova contribución literaria, A casa xunto ao volcán, foi finalmente a gañadora da nova edición, a segunda, do Premio Viadutos de Novela, que convoca o Concello de Redondela. Respecto do argumento da obra galardoada, dispoñíbel xa da man de Galaxia, é unha aposta polas voces novas femininas (a protagonista é unha adolescente chamada Xeila) e pola importancia de reivindicar o pensamento crítico fronte ao conformismo que se impón na sociedade: trátase dunha defensa da filosofía e do seu relevante papel para cambiar o mundo e mesmo para atopar respostas aos grandes desafíos do noso tempo. O xurado salientou da novela “a importancia que lle devolve ao ensino como axente creador de persoas íntegras e libres”.

A nivel argumental fálanos dos primeiros anos de Xeila na vida adulta, uns pasos que veñen marcados polas dúbidas e as inseguridades, a separación dos seus pais, a incerteza sobre que camiños profesionais seguir. A isto cómpre engadir o traslado da súa familia de Ourense a Rianxo, “onde terá que comezar de novo e deberá rachar coas inercias psicolóxicas do pasado e buscar iso que o seu profesor de Filosofía consideraba a función básica do ensino: unha mirada propia sobre o mundo e sobre as relacións humanas que nel se establecen”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.