O ferrolán Paco Casal, aguiñense de adopción, achega unha nova mostra ao Lustres Rivas

06 Novembro 2019

Entre o 15 de novembro e o 4 de xaneiro, o Centro Cultural Lustres Rivas vai acoller unha mostra do artista ferrolán afincando en Aguiño Paco Casal: a mostra Momentos, constituída por preto de 30 obras de técnicas e formatos variados (acrílicos, gravados sobre linóleo, gravados en 3D sobre papel artesanal, gravados ao ácido ou en talla PVC, etc).

Segundo avanza o Concello de Ribeira sobre a importancia das obras que constitúen a exposición, moitas delas foron seleccionadas ou galardoadas en certames de prestixio, como por exemplo a Bienal José Luis Fernández, Certame Internacional de Gravado Fundación Pedro Vivanco da Rioxa ou no Premio Atlante de Gravado do Museo de Artes-Riveira.

Nado en Ferrol en 1956, Paco Casal comezou a a súa andaina pictórica en 1985. Casal expón regularmente dende o ano 1990 e a súa obra ten sido recoñecida nunha manchea de eventos artísticos de pintura e gravado, con premios concretos ou coa elección das súas obras entre as escolmas finalistas, amais de engrosar un importante e senlleiro número de coleccións, tanto de particulares como de empresas e institucións públicas.

Momentos é a terceira mostra de Casal no Centro Cultural Lustres Rivas. A primeira foi en febreiro de 2015 (Realidades máxicas) e en xullo de 2016 participou nunha exposición conxunta co escultor rianxeiro Nuco Losada baixo o título A Galicia máxica. O Concello lembra que a inauguración da nova exposición de Casal será de entrada libre o día 15 ás 21 horas. O horario de apertura será de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas.

Será a décima mostra organizada este ano pola área de Cultura no Lustres Rivas que recibiu no 2019 ata o día de hoxe 3.165 visitas.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.