Francisco Conde enxalzou a aposta de Ribeira pola mobilidade sustentábel

18 Novembro 2019

Ribeira acompañou os días pasados (venres 15 e sábado 16) as novidades relativas ao tráfico sustentábel, máis limpo, máis ecolóxico e (a medio e longo prazo) máis económico para os nosos petos. Estamos a falar da I Feira do Automóbil Híbrido, Eléctrico e de Ocasión, organizada pola Asociación de Empresarios de Ribeira co obxectivo triplo de dinamizar a economía local, achegar alternativas limpas aos desprazamentos e situar Ribeira na vangarda da loita contra cambio climático con pequenas (pero importantes) accións diarias. A feira foi inaugurada o venres polo alcalde Manuel Ruiz Rivas e o presidente da patronal, Francisco Martínez, e o sábado recibiu a visita do conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Na súa visita, o conselleiro agradeceu “a promoción dunha mobilidade eficiente e limpa e a responsabilidade para coa sustentabilidade dos organizadores da feira”, na que participaron sete concesionarios con máis de 130 vehículos expostos, cada un deles “unha fórmula de futuro”, dixo Conde. Conde tamén incidiu na necesidade de que o sector do motor “aposte por ofrecer modelos eléctricos, híbridos, compartidos e conectados sen que isto implique unha perda de competitividade”, dixo.

A feira, que segundo avanzou o presidente da AER terá continuidade os anos vindeiros, tivo o seu emprazamento na praza de España. Amais de vangardistas vehículos eléctricos e híbridos, a exposición contou tamén coa presenza duns 80 vehículos de ocasión, de prezos accesíbeis para facilitar ao máximo o cambio de modelo das familias dende os vehículos de combustión.

Outros artigos

Devoción e música na homenaxe de Ribeira á súa patroa Santa Uxía

A veciñanza de Ribeira cumpriu este sábado coa tradición ao honrar á súa patroa, Santa Uxía, nunha xornada central marcada polos actos relixiosos e o acompañamento musical nas rúas da vila. O programa litúrxico iniciouse na igrexa parroquial cunha misa solemne cantada...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.