CxG Ribeira solicita incrementar a visibilidade dos pasos de peóns

29 Novembro 2019

A agrupación Compromiso por Galicia de Ribeira (CxG de Ribeira) presentou no Rexistro do Concello de Ribeira unha proposta para ser tratada pola Corporación municipal relativa aos pasos de peóns do concello e á necesidade, en palabras do grupo que coordina Óscar Casais, de facer o posíbel para visualizalos ante os condutores e favorecer a seguridade e evitar accidentes cando os peóns teñan que cruzar as rúas e as estradas.

CxG Ribeira fai saber que “moitas destas sinalizacións a pé de rúa encóntranse situadas en lugares con pouca iluminación, falta de visibilidade ou con contedores próximos que contribúen a agochalas, expoñendo aos peóns a un posible atropelo motivado pola falta de sinalización adecuada”. Nun plano máis concreto a agrupación pon o foco en dúas áreas para o cruzamento de persoas que teñen unha gran afluencia de familias e estudantes: son dous pasos de peóns próximos á praza do Centenario e nunha contorna na que tamén se observan retencións continuas do tráfico na avenida Miguel Rodríguez Bautista.

A agrupación tamén require a mellora da seguridade na avenida do Malecón, onde, din, “non está sinalizado ningún paso de carril bici paralelamente aos pasos de peón da praza dos Mariñeiros, da avenida Romero Ortíz e da avenida do Malecón (lindeiro ao edificio da Capitanía Marítima).

Na proposta CxG pide a instalación de reflectores nos pasos de peóns do termo municipal de Ribeira, “dando prioridade á instalación destes nos puntos máis conflitivos que presenten meirande risco, co obxectivo de captar a luz dos faros dos vehículos e reflectila para sinalizar correctamente a existencia das zonas de tránsito de viandantes, mellorando así a súa seguridade”.

Tamén se propón o pintado e sinalización de pasos de carril bici na zona de unión deste vieiro para bicicletas entre Bandourrío e o Malecón, comprendendo os pasos da praza do Mariñeiros, Romero Ortíz e Malecón (onda a Capitanía Marítima). A maiores, solicitan que se regule o tráfico, sendo unha posibilidade a instalación de semáforos nas dúas áreas para o tránsito de viandantes “situadas nas inmediacións da praza do Centenario”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.