Culturactiva recala en Rianxo co espectáculo Papar sen cancelas

08 Novembro 2019

A mestura de comedia e teatro chega hoxe, venres 8, a Rianxo da man de Pedro Brandariz, Fran Rei e Isabel Risco, de Culturactiva, con Papar sen cancelas. Trátase dun delicioso espectáculo onde o público terá a ocasión de deleitarse cunha exquisita selección gourmet dos mellores pratos da nosa lingua. Os asistentes poderán presenciar as artes para a cociña cómica de tres chefs preparando o menú para personaxes entre o máis distinguido do panorama galego actual. Esta cita terá lugar ás 21.00 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio municipal.

A proposta está destinada a un público adulto. A entrada é de balde ata completar aforo, procedendo á retirada dos tíckets unha hora antes na billeteira do Auditorio, cun máximo establecido en 2 por persoa.

Este evento forma parte do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.