Comezan as obras no ribeirense campo da Fieiteira

05 Novembro 2019

O Concello de Ribeira informa do inicio das obras para a dotación dun novo céspede artificial de última xeración no campo da Fieiteira, ademais da renovación do sistema de rego e doutro material deportivo auxiliar.

Esta intervención foi adxudicada á empresa Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, S.A. O contrato ascende a un total de 222.040’48 euros e o prazo de execución das obras é dun mes e medio.

Así, a instalación municipal recibirá un novo céspede de última xeración, con homologación FIFA QUALITY PRO, que permitiría incluso a disputa de partidos de categoría nacional. Ademais, dotaráselle dunha nova rede de rego automático, con canóns emerxentes de gran alcance situados fóra do rectángulo de xogo. Unha vez concluídas estas obras, instalaranse porterías regulamentarias de fútbol 11 e fútbol 7 -neste último caso, abatibles-, así como banderíns nas catro esquinas do terreo.

O proxecto técnico prevé un plan de mantemento por cinco anos que inclúe tanto a formación do persoal municipal para obter os coñecementos necesarios para a conservación do céspede coma a realización de dúas veces no ano de tarefas de mantemento por parte da empresa adxudicataria.

Desde o Concello sinalan que nos últimos anos emprendéronse outras actuacións encamiñadas a instalar céspede artificial en campos do termo municipal que carecían del, tales coma os da Guía, en Carreira, e A Trinidade, en Oleiros.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.